• Ferrol en bici
  • Normativa
  • Estacións
  • Descarga de impresos
  • Contacto

Acceder

Usuario    
Contrasinal    

Recuperar contrasinal
Rexistrarse
Concello de Ferrol
INEGA
IDAE
Xunta de Galicia
Tuimil Electricidad, s.a.

Ferrol en bici

NORMAS DE USO E PROCEDEMENTO PARA O ACCESO AO SISTEMA DE PRESTAMO DE BICICLETAS NA CIDADE DE FERROL

Condicións xerais reguladoras do acceso e utilización do servizo

Constitúe o obxecto do presente documento a regulación xeral das condicións de uso do servizo de préstamo de Bicicletas que se atopa implantado no Concello de Ferrol, e a través do calos usuarios poderán retirar unha bicicleta para a súa utilización, e debendo depositala tralo seu uso nunha das estacións destinadas ó efecto.

Os puntos de préstamo inicialmente establecidos son:

•Muelle de Curuxeiras
•Esteiro
•Caranza
•Portanova
•A Malata
•Serantes
•Cantón

O horario de funcionamento inicialmente establecido é:

•Verán: 08:00-22:00 horas de luns a domingo nos meses de abril a outubro.
•Inverno: 09:00-20:00 horas de luns a domingo nos meses de novembro a marzo.

HORARIO DE OFICINA : De luns a venres de 09:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00.

Non obstante o anterior, o Concello se reserva a facultade de aumentar ou diminuír os puntos de préstamo e os horarios de utilización, dando suficiente publicidade ás medidas adoptadas.

O usuario é o único responsable dos danos causados a sí mesmo ou a terceiras persoas ou a calquera ben, moble ou inmoble, pola utilización ou uso normal ou anormal do servizo de préstamo de bicicletas.

Declaración de alta como usuario

Os interesados na contratación do servizo deberán, previamente á súa utilización, darse de alta como usuario; a tal efecto deberán cumplimentar o procedemento de inscripción, aportando:

•Folla de inscrición debidamente cumplimentada.
•Fotocopia do DNI ou documento acreditativo da personalidade do solicitante.

Unha vez cumprimentado o procedemento, se lle facilitará ao usuario unha tarxeta identificativa de acceso o servizo, considerándose, nese momento, a alta efectiva do usuario no sistema.

A tarxeta de acceso ten carácter persoal e intransferible e terá unha validez de seis meses. Transcorrido este prazo, os usuarios deberán proceder á súa renovación.

O Concello poderá modificar en calquera momento as condicións de acceso, así como introducir modalidades de aboamento.

O usuario comprométese á conservación e bo uso da tarxeta. Para os supostos de extravío ou rotura, e/ou solicitude dun duplicado, o custo de emisión da nova tarxeta deberá ser soportado polo usuario.

Queda expresamente excluída a posibilidade de dar de alta no Servizo como Usuarios a todo tipo de persoas xurídicas.

Baixa do servizo

Os usuarios poderán darse de baixa no servizo:

•Por caducidade do período de validez da tarxeta.
•Mediante declaración expresa, cumprimentando o impreso ó respecto.
•Pola falta de utilización da tarxeta nun período de tempo superior a seis meses, sendo, automaticamente, dado de baixa polo sistema.
•Polo incumprimento dalgunha das normas de utilización do servizo, salvo nos supostos establecidos no punto seguinte.
•Polo retraso na entrega dunha bicicleta con respecto ó horario previsto, nun tempo dunha hora ou fracción, se procederá a dar de baixa por un período de quince días cada hora ou fracción ; tres infraccións deste tipo en tres meses implicarán a baixa do sistema por un período dun ano.
•Polas outras causas previstas no presente documento.

A baixa do servizo terá como consecuencia a perda de tódolos dereitos, debendo, caso de estar novamente interesado, darse de alta como se dun novo usuario se tratara.

Utilización do servizo

O usuario terá acceso á utilización do servizo mediante o uso da tarxeta de identificación. Cada novo uso das bicicletas supón a aceptación das normas establecidas.

Tarifas

Aínda que nun principio o servizo establécese como gratuíto, tralos estudos de implantación se establecerán, por parte do Concello, as tarifas a aplicar polo servizo, que, trala preceptiva aprobación, serán os que se atopen vixentes en cada momento.

Declaración responsable

O usuario, declara ser maior de idade, ou menor autorizado, coñecer a normativa vixente sobre tráfico e condución de vehículos e estar capacitado para a condución de bicicletas. Os menores de idade, maiores de 16 años, poderán darse de alta no servizo mediante a cumprimentación do proceso de inscrición referido, e aportando, ademais, a autorización expresa e declaración de asunción de responsabilidades, de algún dos seus pais ou titores utilizando, para iso, o modelo de inscrición expresamente realizado para este caso.

Queda expresamente prohibida a alta e utilización do servizo a menores de 16 años.

Dereitos dos usuarios

Os usuarios adquiren, mediante a inclusión no servizo, o dereito á utilización do mesmo nas condicións e coas limitacións que se establecen neste propio documento.

O usuario disporá de bicicletas en perfecto estado de uso e funcionamento.

Para calquera reclamación sobre as condicións e circunstancias que afecten á prestación do servizo, o usuario poderá dirixirse ó Xestor do servizo mediante o teléfono de atención ó usuario: 981 312 331. O xestor do sistema responderá á consulta e/ou reclamación nun plazo inferior a 15 días naturais posteriores á comunicación.

Obrigas do usuario

O usuario comprométese, en cada ocasión en que se utilice o servizo a:

•Facer uso do servizo e da bicicleta coa máxima dilixencia.
•Non ceder o uso, por concepto algún, a terceiras persoas.
•A utilizar a bicicleta, exclusivamente, para o transporte persoal.
•A utilizar a bicicleta, exclusivamente, no casco urbano do termo municipal.
•A comunicar, á Oficina de Información do usuario, calquera avaría ou calquera accidente que tivera a bicicleta, sinalando o lugar e condicións onde se atopa depositada. Se por razóns de avaría a bicicleta non fora depositada nunha estación, o usuario asumirá a custodia da bicicleta por un prazo de dúas horas posteriores á comunicación da avaría.
•O usuario, dende o momento da retirada da bicicleta para o seu uso, e ata o instante da súa devolución nunha estación, asumirá plenamente a garda e custodia da bicicleta, respondendo persoalmente da súa boa conservación e da súa restitución ó termo do período de uso.

O usuario, ó tempo de retirar a bicicleta para o seu uso, obrígase a:

•Comprobar os freos.
•Comprobar a suxeición dos elementos removibles da bicicleta.
      ◦En caso de que a bicicleta non se atope en boas condicións de uso, o usuario devolveraa e poderá retirar outra.
•Á devolución da bicicleta nunha estación ó termo do período de uso, sen posibilidade de prórroga.
•Á restitución da tarxeta de usuario cando fora requirido para ello.
•En caso de roubo o furto da bicicleta,o usuario ten a obriga de comunicar nun prazo máximo de 2 horas a desaparición da bicicleta a través do teléfono de atención ó usuario, ou persoalmente na Oficina de Atención ó Usuario. O usuario está obrigado a presentar unha copia da denuncia efectuada nas dependencias policiais.
•O usuario autoriza á prestataria do servizo a cobrar os importes dos danos que se puideran infrinxir ó sistema polo uso neglixente do mesmo, tanto por acción como por omisión. Así mesmo, o xestor do sistema poderá reclamar pola vía xudicial ordinaria os danos e perxuizos que o usuario houbera ocasionado.
•O usuario declara que coñece e acepta que o incumprimento das obrigas do usuario darán lugar, á baixa no sistema.

Limitacións ó uso

•Prohíbese ó usuario prestar, alugar ou ceder a terceiros a bicicleta e/ou a Tarxeta de Usuario de acceso ó servizo, así como calquera utilización da bicicleta contraria ó previsto no presente documento e nas disposicións legais vixentes. O usuario non poderá utilizar a bicicleta en terreos ou en condicións inapropiados para as mesmas, nin fora do casco urbano do termo municipal do Concello de Ferrol.
•Non estará permitido o transporte de pasaxeiros, distintos ó usuario da bicicleta.
•Prohíbese a desmontaxe e/ou manipulación parcial ou total da bicicleta.
•Prohíbese a utilización da bicicleta para usos comerciais.
•Establécese un periodo máximo de utilización do servizo de dúas (2) horas consecutivas, transcorridas as cales o sistema non permitirá a utilización ata que transcorra outro prazo de dúas (2) horas.

Tratamiento confidencial dos datos

A política de protección de datos do xestor do sistema, acóllese ó marco legal que dicta a lei ordinaria 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O xestor comprométese á non utilización dos datos incorporados os arquivos xenerados no sistema máis alá do propio uso derivado da prestación do servizo e comunicacións comerciais entre o prestatario do Servizo e mailo usuario.

Calquera usuario, poderá solicitar, en calquera instante, modificar os datos obrantes nos arquivos ou causar baixa como usuario do Servizo, así como causar baixa nos arquivos ligados ó mesmo.

Finalmente, infórmase que poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixiendo un escrito, xunto coa fotocopia do DNI ou documento oficial que acredite a identidade do interesado, ó xestor do sistema, nas oficinas de atención ó usuario.

Copyright © 2009 Concello de Ferrol | Aviso legal